HIFU Ulfit

HIFU Ulfit – O Lifting facial sen cirurxía

Que é HIFU?

HIFU (High Intensity Focused Ultrasound) é unha técnica nova de estética de ultrasóns focalizados ideal para o rexuvenecemento facial, conseguindo efectos moi similares aos do lifting sen cirurxía.

Como funciona?

O funcionamento deste tratamento basea a súa efectividade no feito que as ondas electromagnéticas concéntranse nunha área xerando enerxía calórica e mecánica en forma de vibración. A enerxía calórica aumenta a temperatura e a vibración permite que os tecidos sexan comprimidos e descomprimidos nas áreas obxectivas.

Este procedemento é non invasivo, debido a que non require cirurxía ou de elementos químicos, e presenta como vantaxe que non xera danos nos tecidos que se atopen entre o lugar de emisión do ultrasón e a área obxectivo. Redúcese tamén o risco de infección ou de introdución de elementos tóxicos.

Que podo esperar? Cando verei os resultados?

Verá e sentirá unha mellora de aspecto natural inmediatamente despois do seu primeiro tratamento. Para obter os mellores e máis duradeiros resultados, recoméndanse polo xeral unha sesión cada 3 meses.

Que zonas podemos tratar?