NÓS
No Centro de Estética María Reino, en Noia , levamos desde 1988, día a día, coidando de ti.
Porque coidar a túa imaxe é buscar o teu benestar .
En continua formación e actualización, contamos coas tecnoloxías máis avanzadas e eficaces.
Para ofrecerche sempre o tratamento idóneo e adaptado a ti.
A nosa formación e tecnoloxía, unida á experiencia no sector da estética avanzada, permítenos facer un sólido diagnóstico que nos conduza ao tratamento máis efectivo.
Contamos, ademais, cunhas instalacións ao teu gusto e medida, creando un ambiente relaxado e cálido, no que te ailles do mundo exterior.
Para ti.