O NOSO EQUIPO LÁSER

O NOSO EQUIPO

DEPILACIÓN LÁSER DIODO DE ÚLTIMA XERACIÓN
 
Ven a coñecer o novo e revolucionario sistema de depilación con láser de diodo.
 
  • Alta velocidade
  • Sen anestésicos
  • Practicamente indolora
  • Todos os tipos de pel
 
A MELLOR SOLUCIÓN PARA ELIMINAR O VELLO NON DESEXADO
 
Sorprende saber que practicamente todo o corpo está cuberto de vello. A maioría é moi fino e claro, invisible a primeira ollada.
Pero, cando o pelo é máis escuro e máis espeso faise visible nas zonas en que non é estético. E este pode ser o momento de considerar a depilación con láser.
 
A depilación con láser é a solución máis eficaz.
High Speed LightSheer Duet utiliza a última xeración de láser de diodo con tecnoloxía vacuum para eliminar pelos non desexados con maior velocidade e confort do que calquera outro método.