Preguntas Frecuentes Láser

PREGUNTAS FRECUENTES

Cantas sesións necesítanse?

A depilación láser require varias sesións. En xeral, os clientes teñen completado o tratamento a partir da sesión 4 ou 6, dependendo do fofotipo de pel e lanuxe. O ideal é deixar pasar entre sesión e sesión de 10 a 12 semanas.

Canto duran os efectos?

O traballo garante a eliminación da lanuxe entre 70% e 85%. Co 20% ou 30% restante dos casos será suficiente simplemente con manter unha sesión anual de mantemento. Pódese garantir que en xeral se obtén unha depilación efectiva, duradeira e, nalgúns casos, permanente.

Pódese facer o tratamento con pel escura ou bronceada?

Segun estudos recentes, o láser de diodo LightSheer Duet consegue unha depilación permanente nunha elevada porcentaxe de folículos pilosos, sendo o máis seguro en tratar a pel ou scura. Isto é porque o diodo de láser ten unha lonxitude de onda máis longo, non compite tanto coa melanina da epidermis, así o risco de ter pigmentación ou queimadura superficial é menor.

Que debo ter en conta antes e despois do tratamento?

O cliente debe acudir á consulta sen depilarse con cera ou outro método que arrinque a raíz da lanuxe, polo menos 4 semanas antes do tratamento. O sistema depilatorio adecuado antes dunha sesión de láser é rasurarse con folla. A hidratación da pel é necesaria para mantela en condicións saudables e protexela. Convén aplicar cremas hidratantes con regularidade antes e despois do tratamento con láser de diodo LightSheer Duet.

Ten efectos secundarios?

Os efectos secundarios son raros e, houberllos, son xeralmente de escasa importancia. Poden incluír enrojecimiento e inchazón ao redor do folículo piloso, que son, de feito, os resultados clínicos positivos xa que indican que o folículo respondeu o tratamento.

Cales son as contraindicacións?

  • Embarazo
  • Sospeita de trastornos inmunodepresores (tumores, VIH …)
  • As infeccións da pel (eccema, herpes zoster ou simplemente, formación de queloides, etc)
  • Trastornos febrís Tratamentos médicos fotosensibilizantes ( Roacutan, Tigason, etc.) Espere polo menos 6 meses.
  • Depilación en área próxima ao globo ocular
  • Mucosas
  • Tatuaxes

Pregúntanos se temos un asesoramento e un mantemento adecuado do equipo

En Centro de Estética María ( Noia ) contamos co respaldo do equipo técnico e médico de Lumenis e Reference Medical e Lumenis .

Pregúntanos se temos unha certificación de seguridade homologada

A pesar de que en España non é obrigatorio, nós temos un curso homologado e certificado por Applus( Certification Techniological Center ) sobre aspectos básicos de seguridade no manexo de láseres.

Pregúntanos se temos medidas de seguridade adecuadas

Nós, no Centro de Estética María ( Noia ) ofrecémosche unhas medidas de seguridade garantidas ao 100%, utilizando a mellor protección. Seguimos a Norma Europea 60825-1 en cuestións de seguridade.

Pregúntanos se temos unha formación tanto científica como práctica

Contamos co respaldo en formación dos cursos realizados por Reference Medical, nos cales as formadoras póñennos ao día tanto na parte teórica como práctica.

Pregúntanos se temos experiencia

A experiencia aválanos. No Centro de Estética María ( Noia ) contamos xa con varios anos de traballo en depilación láser, así como 25 anos de experiencia no mundo da estética.

Pregúnatnos se che ofrecemos orzamento, consentimento informado e contrato adecuados á lexislación vixente

No Centro de Estética María facémosche un orzamento personalizado e por escrito, despois de realizar unha consulta e proba previa e gratuíta. Nós, unha vez aceptado o orzamento, garantímosche por contrato escrito e asinado, a redución entre o 70 e o 85% da lanuxe da zona para tratar.

Pregúntanos se levamos un seguimento dixitalizado e informatizado do proceso

Desde o primeiro momento, levamos un seguimento dixitalizado e informatizado do teu tratamento para que así teñas a completa seguridade e claridade dos avances no proceso de depilación láser. Unha imaxe vale máis que mil palabras.