Presoterapia

  • Drenaxe linfática e circulatoria.
  • Complemento imprescindible para todos os tratamentos corporais.
  • De 2 a 4 sesións semanais.

O NOSO EQUIPO

IMPRESS LITE MED

O Impress Lite Med pode aplicar tratamentos de presoterapia, podéndose regular: o tempo de reposo, de hinchado, e de tratamento, así como as secuencias de hinchado e a presión alcanzada en cada un dos compartimentos (botas ou manguiños)
Pódense usar modos de traballo personalizados cun alto grado de profundidade, o que fai de Impress Lite Med un dos equipos máis completos e versátiles do mercado.
Co noso equipo podemos medir a presión arterial, polo que acadamos un alto grado de personalización e seguridade no tratamento.

COMO FUNCIONA

Actúa mobilizando, drenando e mellorando tanto a circulación venosac omo linfática. Prodúcese unha mellora da circulación de retorno, da osixenación do tecido e unha redución do edema asociado á celulite. Tamén se observa unha mellora da tonificación cutánea e muscular. 
 
O noso obxectivo é recuperar a circulación, tanto venosa como linfática, mediante un sistema mecánico e automatizado que se poida adaptar a cada paciente, para conseguir un reequilibrio do noso organismo e a eliminación das toxinas que poidan alterar o normal funcionamento do mesmo. Numerosos estudos médicos demostran que é a terapia de elección no tratramiento de edemas e transtornos linfáticos.
Impress Lite Med é un sistema que nos permite controlar todo o tratamento axustando, mesmo independentemente, cada unha das celas coas que se realiza o tratamento.
 

A súa aplicación produce unha activación da circulación de retorno ( venosa e linfática), estimulando a reabsorción de líquidos intersticiales e a drenaxe destes líquidos cara aos filtros orgánicos.

INDICADAen o tratamento de edemas venosos e linfáticos de diversas causas, celulites, trastornos tróficos debidos a alteracións circulatorias, así como na prevención de trastornos circulatorios e no mantemento dunha correcta circulación de retorno.

É un equipo de máxima seguridade, grazas ao seu exclusivo medidor de tensión arterial con Sistema APS ( Adapted Pressure System), que personaliza automaticamente os parámetros de cada tratamento.

APLICACIÓNS

• Circulación de retorno

• Osixenación da tecido

• Prevención da celulite

• Redución do edema asociado á celulite

• Tonificación cutánea

• Tonificación muscular

• Redución do volume

• Alivio da dor asociada a insuficiencia venosa

• Alivio da dor muscular

• Prevención e tratamento das veas varicosas